Servizos
A psicoterapia individual
Trátase dun servizo de acompañamento psicolóxico profesional para persoas adultas na modalidade online.
Acompaño procesos individuais dende 2016, ocupando o meu lugar de terapeuta dende os coñecementos de base que me proporcionan a Licenciatura en Psicoloxía (colexiada nº G-5618) e a Diplomatura en Educación Social, así como a especialización en Terapia Gestalt que é o meu enfoque principal, ademais de outras ferramentas artísticas e creativas que fun incorporando ao longo dos anos.
Comezamos cunha primeira entrevista para coñecernos e saber que che está a ocorrer, tamén para contarche como traballo.
Para concertar unha entrevista ou pedir máis información, podes contactarme en: sandra@cuartocrecente.com.

O tarot humanista
O Tarot é unha arte e a tarotista unha intérprete.
Sabedes que validez científica ten o Tarot?
Ningunha.
A linguaxe do tarot e o impacto na persoa é subxectivo e diverso.
Coma o impacto que calquera obra de arte ten na vida de cada unha.
Que é o tarot?
O tarot é unha ferramenta proxectiva, filosófica e espiritual. Nas súas 78 cartas (22 arcanos maiores e 56 arcanos menores) ilústranse os arquetipos enerxéticos que nos informan das medras internas que, de ser integradas, nos permiten situarnos na vida dun xeito máis pleno e consciente.
O tarot é unha viaxe, o camiño do heroe, e tamén é, paradoxalmente, unha volta a casa, á fonte.
Que preguntas se formulan?
O tarot que eu practico non adiviña ningún futuro, é evolutivo.
As preguntas que se lle formulan son en presente, no aquí e agora: que necesito saber sobre este asunto que me bloquea?
Como podo mellorar a miña relación con esta persoa?
Que me sobra e que me falta no enfoque que lle estou dando a este tema?
Un marabilloso misterio
O Tarot responde e a tarotista é un canal. Quen ou que está detrás do tarot?
O Inconsciente Colectivo (diría Jung) e outras lle chamarían Universo, a Vida, o Todo, Pachamama ou o nome de calquera deidade.
Máis información
Se che apetece recibir unha sesión de tarot, obter máis información ou agasallar a algunha amiga con esta experiencia, escríbeme a: sandra@cuartocrecente.com
A escola crecente
Unha ilusión no presente e un proxecto de futuro: unha escola.
Estou na elaboración e deseño de propostas formativas para lunáticas curiosas.
Esperando a concretarse, aquí deixo o anuncio!
Caderno Lunar
Sara
“Non sei se Sandra é consciente do agradecida que estou de tela atopado. O seu acompañamento supuxo unha mellora enorme na miña vida. Estou convencida de que aquela chamada telefónica para fixar a primeira cita foi a mellor decisión que tomei nunca.”
Laura
"Hai máis de cinco anos que comecei o meu camiño con Sandra. Cheguei á súa consulta con moitas dificultades para xestionar a ansiedade e os pensamentos intrusivos. As ferramentas que aprendín con ela son hoxe unha peza fundamental no meu benestar emocional, porque me...
Silvia
"A miña experiencia co acompañamento de Sandra foi de moita utilidade para crecer e poder atravesar algunhas etapas vitais. Serviume para adquirir ferramentas para enfrontar momentos difíciles, relacionarme mellor, poñer límites, coidarme e quererme ben. É unha gran...
Abel
“Hai ocasións na vida nas que podes necesitar un acompañamento a nivel emocional para coñecerte e aceptarte. En momentos coma ese, atopar a alguén coma Sandra convértese nunha especie de sorte, a axuda que necesitabas sen sabelo. Sentinme moi ben acompañado sempre e...
Adri
“Una experiencia transformadora. Llegué a Sandra con la sensación de estar siendo engullida por una ola gigante, sin rumbo, con miedo y perdida. Ella ha sido el faro que me ha guiado en mi regreso a tierra firme para jamás volver a perderme"
Manu
“O proceso terapéutico que vivín con Sandra cambiou a miña forma de vivir. Empeceino cheo de sufrimento e ansiedade. Remateino cargado de autocoñecemento, recursos, comprensión e confianza en min mesmo e na vida. Unha viaxe de fóra cara adentro que recomendo a todo o...
